Monday 29 de April de 2024

Premio para o grupo de teatro das ANPAS dos colexios Campomaior e Castelao no certame Candilejas Don Bosco


Recentemente o grupo de teatro das ANPAS dos colexios Campomaior e Castelao recibiron unha mención especial con premio accésit de 100 euros no certame Candilejas Don Bosco. Este tivo lugar no teatro Colón da Coruña, e contou coa colaboración da Deputación da Coruña. O elenco de A porta misteriosa, título da obra, estivo composto por Miriam Cores, Sabela Candal, Noa Carro, Henar Fernández, Iria Pena, Carla Rey e Andrea Orjales. A peza teatral competiu na categoría infantil, á que se presentaron un total de 46 títulos.